The Phone House quere canalizar o 10% das súas vendas en España a través da súa nova web

xoves, 24 de maio do 2007 Marcus Fernández

A cadea de distribución The Phone House renovou a súa páxina web co que pretende mellorar as súas vendas a través da Rede ata acadar un obxectivo do 10% das súas vendas totais, o que sería unha cifra importante posto que a compañía facturou o ano pasado 266 millóns de euros en España a través de 370 centros.
A nova web incorpora unha base de datos coa que se achega información sobre unha ampla variedade de produtos de tódalas marcas e modelos do mercado, así como informa das tarifas dos operadores (que están actualizadas diariamente) co que agardan convertese nun referente na Internet española como xa o son nas tendas físicas de telefonía móbil.