The Sun estrea dominio .mobi

martes, 23 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A edición móbil de The Sun non esquece ás mozas da páxina 3

O xornal británico The Sun converteuse no primeiro do seu país en lanzar unha web baixo o dominio de Internet .mobi, co que pretenden achegar os seus contidos de máis relevancia ós terminais móbiles.
TheSun.mobi permitirá o seguimento das novas 10 novas máis importantes publicadas no xornal sobre actualidade, deportes, sucesos e muller, non esquecéndose dos horóscopos e das mozas da páxina 3.
Así, a web co sufixo .mobi combina os contidos de balde con descargas de pago, publicando fondos de escritorio, vídeos e tons de chamada, o que axudará a rendibilizar esta nova plataforma que lle permite chegar a novas audiencias.
As descargas dende o móbil de vídeos e fondos de escritorio custarán entre 25 peniques e 3 libras esterlinas (segundo o contido), os fondos de escritorio con mozas da páxina 3 custarán 1 libra (e os vídeos entre 2 e 3 libras) e tamén existirán servizos de alerta por SMS que habitualmente custarán 25 peniques coa excepción de Love Match (50 peniques) e Racing Tips (1 libra).