Tomiño celebrará unha party en xullo
mércores, 24 de xuño do 2009

- Imaxe da pasada edición de conectaTparty
O
pavillón de Sobrada en Tomiño acollerá dende ás 16:00 horas do dÃa 16 e ata ás
19:00 horas do 19 de xullo unha nova edición do encontro informático conectaTparty, que este ano adianta
un mes a súa celebración e busca incrementar o número de asistentes e mellorar
as súas instalacións e actividades.
Este evento, como moitos outros, busca que os asistentes compartan
experiencias, participen en relatorios, xoguen en rede e participen en
concursos, dando sempre unha especial importancia á interacción social entre os
asistentes, que teñen xa aberta a inscrición
ao encontro, para o que deberán pagar 23 euros como participantes ou
15 euros os que pensan asistir sen ordenador (de xeito que os acompañantes tamén poden participar das
competicións e obradoiros).
Tamén contarán cun servizo de cátering con almorzos a 2,8 euros, xantar a 7
euros e cea a 5,6 euros.
