Tuenti Móvil estrea presenza en tendas FNAC
xoves, 3 de xaneiro do 2013
Movistar ten en Tuenti
Móvil a súa operadora móbil virtual de baixo custo, orientada a un público
mozo, e centrada na Internet, pero para explorar novas canles de comercialización
estes dÃas vai comezar a contar con presenza
fÃsica nas tendas da FNAC en Callao, Castellana e La Gavia (Madrid) e Valencia
grazas a un acordo que permitirá que os clientes da FNAC poidan adquirir un
lote de prepagamento só coa tarxeta SIM ou dar de alta o servizo na modalidade
de contrato, co que poderán conseguir un bono de datos de 1 Gb por 6 euros/mes
(con 2 Gb adicionais de agasallo ata o dÃa 7 de xaneiro) e gozar de chamadas a
todos os operadores e a calquera hora por 3 céntimos/minuto. Esta iniciativa
tamén facilitará a adquisición de terminais libres no establecemento e a
activación do servizo de Tuenti Móvil.
Cómpre lembrar que Tuenti Móvil xa contaba con presenza nas tendas
de TELECOR (que en Galicia están presentes en A Coruña, Vigo, Santiago de
Compostela, Ourense, VilagarcÃa de Arousa e O Barco).
