Tuenti Móvil estrea unha tarifa con 50 minutos e 1 Gb por 9 euros/mes
mércores, 23 de xaneiro do 2013
O Operador Móbil Virtual (OMV) de Telefónica, Tuenti Móvil, está
a renovar a súa oferta de tarifas
de telefonÃa móbil, e ás súas tarifas con 1 Gb e 3 Gb de datos con chamadas
a 3 céntimos/minuto por 6 e 15 euros/mes respectivamente suma agora unha
modalidade que só está dispoñible mediante contrato e que consiste en 1 Gb de
datos, 50 minutos en chamadas (incluÃndo o establecemento) e chamadas s 3
céntimos/minuto por 9 euros/mes, o que resulta ideal para usuarios que queren
estar sempre conectados á Rede co seu smartphone pero podendo facer chamadas de
curta duración sen a lousa que supón con moitas tarifas o prezo do
establecemento de chamada.
As tarifas de Tuenti fóra das incluÃdas nos bonos é de 3 céntimos/Mb, 8
céntimos a mensaxe de texto, 30 céntimos a mensaxe multimedia e 15 céntimos de
establecemento de chamada. A oferta
de terminais de Tuenti Móvil tamén é bastante ampla, pensada en achegar
smartphones libres a un prezo axustado, e non se pechan a dispositivos de alta
gama adquiridos fóra do seu catálogo, de aà que os seus clientes poidan optar
por adquirir a súa
tarxeta SIM tamén nos formatos micro SIM e nano SIM.
