Tuenti Móvil renova a súa marca
martes, 9 de xuño do 2015
A que fora no seu dÃa unha das plataforma sociais na Rede de
referencia entre a mocidade española, Tuenti, tras a súa compra por parte de
Telefónica perdeu pulo a pasos axigantados, converténdose irrelevante en
cuestión de meses, mentres que se transformaba nun Operador Móbil Virtual (OMV)
coñecido como Tuenti Móvil, e que dende esta mañá pasa a responder ao nome de
.Tuenti como un xeito de reinventarse.
Actualmente .Tuenti conta con 250.000 clientes en España e 150.000 en América
Latina, e na súa oferta de
tarifas actual destaca por ofrecer as mesmas opcións en contratou ou en
prepagamento sen permanencia contando tanto con 4G como coa atractiva opción VozDigital
(que permite realizar chamadas de VoIP sen custo adicional).
A tarifa máis básica que ofrece o operador de Telefónica é a de 7 euros/mes,
que inclúe 1 GB de datos (ampliable mediante bonos de 300 MB, 500 MB ou 1 GB,
ou optando por pagar por MB excedido ou bloquear o acceso á Rede), 200 mensaxes
de texto a números nacionais, chamadas a 0 céntimos/minuto, 50 minutos de
VozDigital.
A tarifa máis popular serÃa a de 12 euros/mes, que fronte a anterior mellora na
oferta de VozDigital, que incluirÃa chamadas ilimitadas a calquera número
nacional e a
numerosos destinos internacionais; mentres que no caso de querer gozar
dunha maior capacidade de transferencia de datos estarÃa, por 18 euros/mes a
posibilidade de contar con 2 GB de datos en 4G.
VÃdeo promocional de .Tuenti
