Turtle Beach quere manter vivos os xogos musicais coa súa guitarra para Switch
xoves, 16 de outubro do 2025
A poucos dÃas de que o xogo musical Rock Band 4 fose retirado das tendas dixitais, polo que podemos consideralo en vÃas de extinción, dende Turtle Beach sorprenden presentando unha guitarra sen fÃos PDP Riffmaster con licenza oficial para Nintendo Switch e Switch 2, que pode adquirirse por 149,99 euros.
Este accesorio deseñouse para xogos musicais dos que só quedarÃan o citado Rock Band 4 e o máis recente Fortnite Festival (creado tamén pola xente de Harmonix), facilitando tocar as pezas Pro Lead e Pro Bass do xogo coa mesma experiencia inmersiva que nas consolas doutras plataformas.
A PDP Riffmaster destaca polo seu deseño ergonómico e adaptable, pensado tanto para usuarios destros como xergos. A conexión sen fÃos de baixa latencia ofrece unha cobertura de ata nove metros, mentres que a baterÃa recargable garante máis de 35 horas de uso continuo por cada carga. A guitarra inclúe ademais unha correa para o ombro e un deseño encartable que facilita o seu transporte e almacenaxe.
Con esta versión, Turtle Beach amplÃa a compatibilidade do seu accesorio musical máis vendido, que xa estaba dispoñible para consolas Xbox e PlayStation, sendo moi rechamante que continúe vivo este nicho de accesorios nun momento no que a súa principal franquÃa está en desintegración (e a franquÃa que orixinou o fenómeno, Guitar Hero, xa desapareceu hai bastante tempo), sobrevivindo o xénero xogable como un contido dentro de Fortnite (polo que para moitos usuarios a nova guitarra poderÃa converterse nun refugallo electrónico cando decidan retirar a función do xogo).
Tráiler de Fortnite Festival
