UCGAL destaca a relación calidade-prezo de Movistar

xoves, 4 de decembro do 2014 Marcus Fernández

A Unión de Consumidores de Galicia vén de publicar os datos do seu XII Observatorio de Calidade Prezo dos Operadores de Telecomunicacións, no que Movistar continúa a manter a súa posición de liderado cunha puntuación de 8,45 sobre 10, dando a entender que continúa a ser crucial que os operadores realicen investimentos en infraestruturas para poder subministrar un bo servizo. O resto de compañías non superan os 8 puntos, e compañías como R (cun 6,95) incluso queda por debaixo do 7, só por diante do 6,78 de Orange.
En calidade da Internet Movistar volve a superar sobradamente á competencia, con 8,55 puntos, conseguindo achegarse Vodafone cun 7,87, mentres que R continúa moi lonxe, coa peor puntuación da táboa (6,05). Os puntos febles das compañías neste ámbito son moi variadas, e no caso de R afecta especialmente a porcentaxe de avarías, que supera o 7%; pero tamén padece duns tempos de reparación superiores aos dous días e medio. En velocidade, compañías como Movistar poden presumir de caudais de descarga próximos ao 100% en velocidades de máis de 40 Mbps, mentres que R apenas chega ao 80%. No caso de falarmos de liñas DSL as velocidades baixan do 80% do contratado, e no caso de Jazztel apenas chega ao 70%.
No tocante aos prezos básicos, os 1.000 minutos de comunicación non bonificados máis caros son os de ONO (141 euros), e sobre os 130 euros tamén están R e Euskaltel.

Resultados do XII Observatorio de Calidade Prezo dos Operadores de Telecomunicacións