Un concello granadino decidirá en referendo se quere cobertura de telefonía móbil

luns, 20 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Un veciño usando o teléfono público de Los Villares

O vindeiro día 23 un cento de veciños de Los Villares (no concello de La Peza, na comarca granadina de Guadix) decidirán en referendo se instalan ou non unha antena de telefonía móbil, de xeito que poderán decidir se contan con telefonía celular no contorno.
Celia Santiago, alcaldesa popular de La Peza, foi que fixo o chamamento, pois considerou axeitado que sexan os propios cidadáns os que decidan o camiño a seguir no tocante á telefonía móbil en vista as controversias creadas en moitas cidades polos efectos das radiación das antenas, aínda que a consulta pública non parece moi necesaria, xa que a meirande parte dos veciños parecen estar conformes coa instalación dunha antena que achegue a modernidade á súa vila, pois ata o momento a comunicación telefónica para os que non contan cun teléfono fixo na casa se limita a unha cabina de acceso público, o que supón un atranco especialmente para os visitantes da vila.