Un estudo expón que a velocidade da banda larga móbil é menor á metade do prometido polas operadoras
mércores, 25 de xuño do 2008

- Kits de banda larga móbil de varias operadoras
Pensando
na entrada do verán (e os desprazamentos ao campo ou á praia), dende ADSLZone
realizaron un estudo
de velocidade da banda larga móbil en España, para o que recolleron
4.000 probas en 11 cidades distintas, detectando que as
operadoras dan menos da metade da velocidade prometida.
Contrastando as conexións de distintas operadoras, deducen que Vodafone é o
operador que da máis velocidade, chegando a dar entre 2 e 2,5 Mbps en zonas con
cobertura HSPA, seguido por Movistar (entre 1,7 e 2,1 Mbps) e Orange (entre 1,2
e 1,7 Mbps), aÃnda que estas velocidades só se acadan normalmente en grandes
cidades, de xeito que cando
só se ten cobertura UMTS as conexións descenden ata entre 600 Kbps e 1,2 Mbps
(aÃnda que o máximo teórico serÃa de 3,6 Mbps).
Teriamos asà que a chamada banda larga
móbil servirÃa para ler o correo electrónico ou navegar pola web, pero o
rendemento dependerÃa moito das zonas de cobertura e, o que tamén queda claro é
que non se pode comparar con conexións de ADSL ou cable (de aà que chamarlle ADSL móbil resulte moi esaxerado).
