Un foro da APD abordou a revolución que a IA supón no ámbito do márketing

xoves, 11 de abril do 2024 Redacción

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a Asociación Galega de Márketing (Markea), co patrocinio de Avante e a colaboración do Clúster do Ecommerce Galego, Clúster da comunicación de Galicia, Iuni Strategic Marketing, Grupo CdeC e Grupo TAC celebraron esta mañá no Mundo Estrella Galicia (MEGA) a sétima edición do Foro de Márketing e Ventas, baixo o título Cara a un futuro personalizado e sustentable.
Nesta sétima edición, as diferentes mesas de debate centráronse en tres piares: a tecnoloxía, a sustentabilidade e a experiencia do cliente ligado ao márketing e ventas.
A primeira mesa de debate da mañá contou con Leticia Álvarez, directora de Contas Estratéxicas de Google e Alejandro Murillo Ruiz, CEO en Imotion Analytics, quen debatían sobre a importancia da medición como o gran reto publicitario actual e a revolución que supón a IA no ámbito do márketing e ventas. Nas súas intervencións destacaron temas como a eficacia da implantación dos modelos de atención ao cliente, como manexar os nesgos, a complexa convivencia da regulación e a innovación, como van cambiar os roles de convivencia entre humanos e tecnoloxía. Estes foron algúns dos temas que trataron na interesante mesa redonda.
A sétima edición do Foro de Marketing e Ventas rematou cunha visita guiada ao Museo Mega Mundo Estrella Galicia.

PUBLICIDADE