Un novo sistema achega as videochamadas á televisión
venres, 27 de outubro do 2006
Telefónica Móviles España e Createcna colaboraron na creación da aplicación 3G News Mobile Studio, que permite converter as videochamadas móbiles en sinais de vÃdeo para o seu uso en televisión, no que supón unha innovación que pode ser ven recibida polo sector audiovisual xa que achega un tipo de contido multimedia inédito nos medios actuais.
Con esta tecnoloxÃa, un xornalista pode conectar en directo cun informativo para transmitir imaxe e son sen precisar de máis ferramenta que o seu terminal de telefonÃa móbil UMTS, polo que é un sistema económico e versátil para este tipo de aplicacións, aÃnda que non dea unha calidade abraiante, pero que incluso abrirÃa a porta ás achegas dos cidadáns, que poderÃan facer de xornalistas videográficos para cubrir calquera evento de actualidade ou para intervir nalgún programa no que actualmente só aceptan chamadas de voz.
A nova solución de Createcna converte asà a calquera posuidor dun móbil 3G con cámara nun reporteiro que pode entrar en directo en calquera programa de televisión, o que agradecerán especialmente os informativos, para achegar información urxente, que se poderÃa cubrir antes da chegada dunha unidade móbil de televisión.
O 3G News Mobile Studio pode recibir ata 6 sinais diferentes ó mesmo tempo con orixe nos teléfonos móbiles de Motorola E1000, V975 e V980, que funcionan coma unidades móbiles de peto, convertendo o seu sinal a unha toma SDI para poder empregala en tempo real nun mesturador de televisión.
Os sinais transmitidos polo móbil tamén se poden almacenar no sistema para a súa reemisión. Temos asà un sistema que pode axudar a revolucionar a televisión e que poderÃa permitir un novo estilo de xornalismo cidadán, asà como axilizarÃa a achega de información de última hora dende calquera lugar con cobertura de telefonÃa 3G.
