Un xogo de fútbol chapas para Android convídanos a revivir O Noso Derbi

luns, 20 de abril do 2020 Marcus Fernández

Juan Gestal, desenvolvedor de aplicacións móbiles que hai uns anos retounos a sortear os xabarís que invaden o Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela nun xogo para iOS, sorpréndenos publicando O Noso Derbi, un xogo de balde para Android no que dous usuarios no mesmo dispositivo poden rememorar o clásico galego entre a cidade do dinosauro e a cidade do norte (camuflando as marcas danvos equipos por carecer de acordos de licenzas dos mesmos) nun partido de fútbol chapas.
Este xogo pode ser un bo entretemento familiar estes momentos de confinamento, xa que dous xogadores poden competir nunha mesma pantalla nun xogo adaptado a pantallas táctiles de xeito que non precisaremos nin dun campo físico nin dunha colección de chapas de bebidas para poder botar unha partida coas regras coas que se desexe xogar, xa que a aplicación móbil limítase a reflectir as físicas das chapas e o balón, e a levar conta das puntuacións, pero non xestiona normas de quedas e sorteos, o que corresponde aos usuarios.
O creador de O Noso Derbi advirte de que o xogo agocha algún truco: se prememos 10 veces no escudo de Dino City desbloquearemos o equipo Capital City, e se prememos 10 veces sobre o logotipo de North City teremos a un equipo turco chamado La Coru.

Vídeo no que podemos ver este novo xogo para Android

PUBLICIDADE