Unha aplicación preinstalada en móbiles de Motorola engade códigos de afiliación de Amazon
martes, 26 de maio do 2026
Usuarios de teléfonos Motorola descubriron un comportamento anómalo na aplicación Smart Feed preinstalada en varios dispositivos recentes da marca propiedade da chinesa Lenovo, que estarÃa interceptando a apertura de Amazon para redirixir os usuarios cara ligazóns con códigos de afiliación. O problema foi identificado inicialmente por un propietario dun Razr 60 Ultra, que comprobou como ao premer sobre a aplicación de Amazon desde o caixón de aplicacións se abrÃa brevemente o navegador antes de regresar novamente a Amazon mediante unha ligazón afiliada.
A investigación publicada en Reddit apunta a que o sistema realiza consultas a devicenative.com, un servizo relacionado coa publicidade integrada en dispositivos móbiles, para obter os códigos de afiliación e decidir que aplicacións deben ser interceptadas. O comportamento atribúese a Smart Feed, unha aplicación de sistema oculta que Motorola instala por defecto nalgúns dos seus terminais.
9to5Google conseguiu reproducir parcialmente o problema nun Razr Fold de 2026 coa versión 2.03.0070 de Smart Feed, mentres que modelos con versións anteriores non amosaban ese comportamento. Segundo as súas probas, a redirección só se produce ao abrir Amazon desde o lanzador de aplicacións e non desde accesos directos situados na pantalla principal.
A publicación tamén sinala que o URL intermedio empregado para a redirección pertence ao dominio kira-abboud.com, vinculado aparentemente a unha influente de moda, aÃnda que os códigos de afiliación empregados non coinciden cos utilizados publicamente por esa creadora de contido. Esa circunstancia alimentou as sospeitas sobre a orixe real da integración, que semella corresponder a unha alteración introducida por terceiros (especialmente se temos en conta o absurdo que resultarÃa que Motorola fixese este tipo de prácticas en móbiles que custan preto dos 2 mil euros).
Motorola aÃnda non ofreceu explicacións sobre o incidente, polo que, mentres tanto, a recomendación para evitar este comportamento consiste en desactivar Smart Feed desde o apartado de aplicacións do sistema, unha medida que aparentemente elimina as redireccións sen afectar o funcionamento xeral do dispositivo.
