Unha empresa galega é o cliente 1 millón do servizo Puestro de Trabajo de Respuesta Empresarios

martes, 16 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Sergio José Diéguez, esquerda, recibindo o premio da man de José Rocillo

José Rocillo, da unidade de negocio fixo de Telefónica España, entregou onte en A Coruña o premio Puestro de Trabajo un millón de Respuesta Empresarios ó grupo de empresas Diéguez, recibindo o mesmo o seu director, Sergio José Diéguez.
Respuesta Empresarios é unha solución de Telefonica para atender as necesidades de comunicacións das PEME de xeito que os clientes poden dispor de voz, datos, ordenadores e telefonía móbil por unha cota mensual que inclúe o mantemento integral e fai máis doada a súa xestión (ó depender os servizos dun único provedor).
En Galicia este servizo ten xa máis de 59.700 clientes, dos que destaca o Grupo Diéguez, que conta con máis de 20 oficinas e empresas en toda España, con máis de 400 empregados. O premio que recibiu por sumar o número 1.000.000 en Puesto de Trabajo de Respuesta Empresarios está composto por 2 terminais Blackberry con mobilización de correo electrónico e un dominio .es de balde por un ano.