Unha iniciativa solidaria achega 8 xogos de Borderlands por 13,65 euros

xoves, 17 de xullo do 2025 Marcus Fernández

O 12 de setembro sae á venda o xogo Borderlands 4, pertencente a unha completa franquía que dende a iniciativa solidaria Humble Bundle convidan a revisar, polo que ofrecen os seus 8 videoxogos para PC, valorados en 240,48 euros, a un prezo que parte dos 13,65 euros, axudando así a recadar fondos para Covenant House (unha entidade sen ánimo de lucro que ampara a mozos sen fogar e superviventes de trata).
Os xogos incluídos neste lote solidario son Borderlands, Borderlands: The Pre-Sequel, Borderlands 2, Borderlands 2 VR, Borderlands 3, Tales from the Borderlands, New Tales from the Borderlands e Tina’s Wonderland: Chaotic Great Edition, aínda que tamén hai a opción de omitir o último xogo se achegamos só 9,38 euros, ou prescindir dos 3 últimos aportando só 6,82 euros. Tamén é posible realizar pagamentos con importes personalizados, sendo incluso posible escoller como é o reparto dos cartos entre responsables do xogo, a plataforma do Humble Bundle e a entidade sen ánimo de lucro á que apoien coa campaña en curso.