Unha plataforma de profesionais da Internet na Coruña presentarase o xoves na Coruña
venres, 28 de febreiro do 2014
O xoves 6 de marzo ás 16:00 horas vai ter lugar no Salón de Graos da
Facultade de Informática da Coruña o acto de
presentación de SociedadeNet.org, unha plataforma de profesionais da
Internet na Coruña que darase a coñecer no marco dunha charla na que participarán
Andrés Leonardo Martínez Ortiz, director do programa para desenvolvedores externos
de Google España que durante a semana que vén está
de xira por Galicia, e Adrián Álvarez (HymediaSolutions), un experto en
BitCoin que falará de como funciona o minado desta criptomoeda e o seu uso en
comercio electrónico e algúns outros aspectos da mesma.
Andrés Martínez falará sobre a relación de Google coa súa comunidade de
desenvolvemento, as oportunidades que ofrece e os eventos e formación que a
plataforma achega a quen desexe entrar no programa.
A entrada é de balde ata completar aforamento (unhas 50 persoas) e tras a
charla prevese continuar cunha xornada de networking
na cafetería do centro.
