Uns altofalantes Bluetooth permitirán unha boa reprodución estéreo funcionando en parella
martes, 30 de xullo do 2013
Os proxectos de micromecenado para fabricar dispositivos de
electrónica de consumo son cada vez máis frecuentes, e vese que cando teñen
certo atractivo conseguen financiamento a grande velocidade, como é o caso dos altofalantes The Blazar de Beacon Audio,
que en menos dunha semana conseguiu os 90.000 dólares que precisa para
converterse nunha realidade, quedando máis dun mes para rematar a campaña
de captación de financiamento, que facilita asà un xeito de mercar
anticipadamente un destes dispositivos que parten actualmente dun prezo de 124
dólares de xeito que por pouco máis de 100 euros é posible encargar un dende
Europa.
- Será posible emparellar un par de altofalantes para conseguir unha boa experiencia estéreo
O altofalante The Blazar é compacto e portátil (a súa baterÃa achégalle unha
autonomÃa de ata 12 horas de uso continuo), promete un son de calidade,
emparéllase cos nosos dispositivos móbiles por Bluetooth (proceso que será áxil
e doado se contamos con dispositivos con NFC), integra micrófono e, como
curiosidade, permite un modo de funcionamento estéreo dual, de xeito que poden
empregarse dous altofalantes Blazar separando as canles esquerda e dereita,
facilitando un estéreo real sen fÃos.
Estes atractivos altofalantes estarán dispoñibles en varias cores e pretenden
completar o seu proceso de produción a mediados de setembro (cando os mecenas que
apoiaron o proxecto nos seus inicios comezarán a recibir as súas unidades)
esperando ter remitido todos os altofalantes comprometidos en Kickstarter o 1
de decembro.
VÃdeo promocional do proxecto en Kickstarter de The Blazar