Vantage Studios. a nova subsidiaria de Ubisoft
mércores, 1 de outubro do 2025
Ubisoft anunciou a posta en marcha de Vantage Studios, unha nova filial concibida como casa creativa que asumirá a responsabilidade dalgunhas das súas franquÃas máis importantes: Assassin’s Creed, Far Cry e Rainbow Six. A dirección deste novo estudo correrá a cargo de Charlie Guillemot e Christophe Derennes, quen compartirán o posto de co-CEO.
Vantage Studios nace coa misión de impulsar o desenvolvemento e a expansión destas marcas, aproveitando a experiencia acumulada por Ubisoft e poñendo ao dispor dos equipos servizos e recursos técnicos comúns, mais outorgando ao mesmo tempo unha maior autonomÃa creativa aos desenvolvedores para que teñan máis control directo sobre os xogos que están a crear.
A compañÃa enmarca este movemento no seu proceso de transformación (impulsado en grande medida polo apoio económico de Tencent), que inclúe a creación doutras casas creativas co obxectivo de agrupar marcas e franquÃas baixo unha mesma filosofÃa e coñecemento compartido. A intención é reforzar os vÃnculos entre desenvolvedores e xogadores, reducindo o tempo entre a recollida e a implementación do feedback e mantendo o apoio das ferramentas, servizos e tecnoloxÃas de Ubisoft.
Os equipos que integran Vantage Studios son os responsables de Rainbow Six, Assassin’s Creed e Far Cry, e están repartidos polos centros de Ubisoft en Montréal, Quebec, Sherbrooke, Saguenay, Barcelona e SofÃa, reunindo a milleiros de profesionais que participaron na creación dalgúns dos tÃtulos máis recoñecidos da compañÃa.
