Vigo celebrará o Mobile Day Galicia o vindeiro 4 de setembro

xoves, 20 de agosto do 2015 Marcus Fernández

O Grupo de Desenvolvedores de Google (GDG) de Vigo está a organizar para o vindeiro día 4 de setembro no Círculo de Empresarios unha xornada chamada Mobile Day Galicia, na que combinan nunha magnífica selección de relatorios de expertos en desenvolvemento móbil para Android e HTML5 coa meta dunha maratón de programación que iniciarase 48 horas antes, para que os participantes poidan crear algo xenial que funcione dentro dun dispositivo móbil (Android, iOS, web...) podendo optar así de premios que como mínimo consistirán nun Nexus 7 (2013) e un LG G watch para o primeiro e o segundo premio respectivamente.
Os relatorios do Mobile Day Galicia botarán a andar ás 15:00 horas, sendo cada un dunha hora de duración segundo o seguinte programa: