Vivo amosa en Las Vegas un sensor de pegadas dixitais integrado en pantalla
xoves, 11 de xaneiro do 2018
Os lectores de pegadas dixitais que poden integrarse detrás
das pantallas avanzan para converterse en breve nunha realidade, e a tecnoloxÃa
da que daban conta o pasado xuño que consistÃa nun sensor ultrasónico
desenvolvido por Qualcomm parece que non será finalmente a que antes chegue ao
mercado, pois o fabricante chinés Vivo xa ten un prototipo de teléfono moi
próximo a produción que incluirÃa
un sensor óptico detrás da súa pantalla OLED.
Este novo sensor desenvolvido por Synaptics empregarÃa a propia pantalla do
teléfono para iluminar as pegadas dixitais e recoñecelas opticamente, de xeito
que os fabricantes poderán continuar a gozar do recoñecemento de pegadas en
terminais con pantallas case sen marcos, sen ter que mover o sensor á parte traseira
e sen ter que mudar de tecnoloxÃa de identificación como fixo Apple co iPhone
X.
Vivo decidiu situar o sensor de pegadas na parte inferior da pantalla, para
manter a posición tradicional deste sensor e que a fricción do usuario sexa o
menor posible, aÃnda que cómpre salientar que o sensor CMOS de Synaptics só é
compatible con pantallas OLED, de xeito que non é unha solución que poderemos
ver en breve en todos os novos smartphones, senón só nuns poucos escollidos.