Vodafone anuncia unha tarifa de roaming na U.E. con voz, SMS e datos por 4 euros/dÃa
luns, 25 de xuño do 2012
A partir do
30 de xuño Vodafone vai ter dispoñible a nova Tarifa para Hablar y Navegar en Europa, que será a
primeira do mercado móbil español que integra voz, datos e SMS para destinos
europeos por 4 euros/dÃa, incluÃndo 20 minutos de voz, 20 mensaxes de texto
e 20 Mbytes de navegación, o que serÃa unha cota considerablemente inferior á Eurotarifa (una 7 euros/dÃa) e que
estará dispoñible para usuarios de smartphones
de Vodafone na Unión Europea (incluÃndo tamén SuÃza, Noruega, Liechtenstein,
Islandia, Albania e TurquÃa), para que podan viaxar ao estranxeiro coa
tranquilidade de non ter que facer fronte a cargos inesperados.
Amais, os clientes que realicen un consumo de datos que se achegue aos 50 euros
recibirán un aviso mediante SMS e restrÃnxese o servizo agás que o usuario
indique o contrario, pondo asà fin a conexións accidentais ou inconscientes que
acababan dando pé a facturas de centos de euros.
Os usuarios que desexen esta tarifa poderán
activala dende España ou no estranxeiro marcando o número *143# só unha vez
(cobrarase só os dÃas nos que se faga uso do móbil no estranxeiro) e no caso de
clientes de prepagamento será preciso solicitar a tarifa cada dÃa que se queira
facer uso da mesma.
