Vodafone lanza novas tarifas con prezos agresivos

xoves, 14 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

As operadoras de telefonía móbil de baixo custo están forzando ás compañías tradicionais a lanzar agresivas ofertas e tarifas, e así, Vodafone oferta exclusivamente a través da súa web as tarifas DiMinuto 8 Céntimos e DiMinuto Tarifa Plana 9,95.
A tarifa DiMinuto 8 Céntimos permite facer chamadas a calquera hora e destino nacional a 8 céntimos/minuto (cun establecemento de chamada de 15 céntimos) e tamén mandar mensaxes de texto por 8 céntimos, destacando por carecer de cota mensual nin compromiso de permanencia (cun consumo mínimo de 6 euros/mes).
DiMinuto Tarifa Plana 9,95 pola súa banda permite chamar a calquera operador de 18:00 a 8:00 horas e fins de semana completos ata un máximo de 350 minutos por 9,95 euros/mes, sen compromiso de permanencia, aínda que cun preza por chamada de 15 céntimos/minuto (cun establecemento de 15 céntimos) nas chamadas que superen o tope de minutos mensuais establecidos por esta tarifa pensada para usuarios que realicen chamadas curtas.

PUBLICIDADE