Vodafone lanza unha nova tarifa plana de voz
martes, 20 de abril do 2010
Nos últimos meses
as tarifas planas de voz aumentaron a súa popularidade na telefonÃa móbil, e
avanzando nesta liña Vodafone
lanza unha nova tarifa chamada Tú y Yo,
que pode activarse tanto por parte de clientes de contrato particular coma de
tarxeta prepago, e que permite definir un número de teléfono ao que poder
chamar ata 1.000 minutos/mes por unha cota mensual de 6 euros (para os clientes
de chamada) ou para falar 250 minutos á semana por 1,5 euros/semana (para os
clientes de prepago).
Esta tarifa plana aplicarÃase tanto a
chamadas de voz como a videochamadas, e incluirÃa o establecemento de chamada,
pasando a facturarse coa tarifa de voz ordinaria no caso de superarse o número
de minutos incluÃdos en Tú y Yo.
Para promocionar esta tarifa as cotas da mesma serán de balde ata o 31 de maio,
e para activala hai que marcar o número *368#.
