Vodafone mellora a súa cobertura móbil en Galicia de cara ao verán
venres, 28 de xuño do 2013
Para evitar problemas no servizo de telefonía móbil por mor
da grande afluencia de persoas aos principais lugares costeiros e poboacións
rurais do interior das catro provincias galegas Vodafone España está a reforzar
a súa cobertura móbil, para o que realizou a ampliación da capacidade de rede
existente a través de máis de 500 actuacións de mellora por toda Galicia a fin
de poder absorber tanto o incremento de chamadas como o tráfico de datos
provocado polo aumento de poboación dos destinos turísticos máis populares.
Adicionalmente Vodafone mellorou a cobertura 3G na banda dos 900 MHz (que
consegue unha mellor penetración no interior dos edificios) na meirande parte
dos concellos galegos. Grazas a esta actuación os usuarios de smartphones,
tablets e modems USB que soporten a tecnoloxía U900 poderán gozar dunha mellor
experiencia de uso e maiores velocidades de conexión.
Entre os concellos nos que se incorporou esta nova cobertura 3G figuran zonas
costeiras como Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía de Arousa, Pobra do Caramiñal,
Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Padrón, Muros, Camariñas, Malpica, Muxía, Cee,
Fisterra, Porto do Son, Carnota, Laxe, Viveiro, Foz, Ortigueira, Cedeira,
Valdoviño e Cariño; e do interior teriamos a Ribadavia, Carballiño, Xinzo de
Limia, Allariz, Verín, Celanova, Quiroga, Guitiriz e Vilalba.
O director de Vodafone en Galicia, Miguel Fernández, asegurou que “este proxecto reafirmou o compromiso de
rede de Vodafone con Galicia e o noso propósito de achegar os últimos avances
en tecnoloxía móbil a todas as zonas da rexión. Queremos reforzar a nosa
proposta pola calidade da nosa rede móbil, incluso en zonas con grande
afluencia de público durante a principal tempada turística”.