Vodafone ofrecerá banda larga móbil a 21,6 Mbps dentro dun ano

martes, 17 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Vodafone anunciou durante o Mobile World Congress a súa planificación de cara aos vindeiros anos no tocante ás comunicacións de banda larga móbil, de xeito que aseguran que na actualidade a súa rede HSDPA de ata 7,2 Mbps cubre ao 90,3% da poboación Española, que para o verán comezará a actualizar a súa rede con HSDA+ 64QAM que permitiría velocidades de ata 16,2 Mbps e en aproximadamente 12 meses darán o salto a HSPA+ MIMO, cunha velocidade de descarga de ata 21,6 Mbps.
Xa de cara ao futuro a operadora tamén implantará Dual Carrier HSDPA, con velocidades de ata 32,4 Mbps, que podería ser o máximo dispoñible en redes 3G, pois tras esta tecnoloxía xa saltarían a redes LTE (4G) previsiblemente en 2012.