Vodafone ofrecerá chamadas de balde en Fin de Ano
martes, 29 de decembro do 2015
Os clientes de Vodafone España gozarán
no seu móbil de chamadas de balde a móbiles e fixos nacionais sen lÃmite
durante todo o 31 de decembro, repetindo asà a iniciativa do pasado 24 de
decembro, no que as chamadas ilimitadas gratuÃtas incrementaron o número de
minutos de voz na súa rede nun 26% respecto ao mesmo dÃa do ano pasado. Desta
acción poderanse beneficiar tanto os clientes de Vodafone como os clientes de
Vodafone Ono.
Como na anterior ocasión, esta iniciativa está dispoñible
para os clientes de móbil particulares, tanto de contrato como de prepagamento,
asà como para profesionais e pequenas empresas. Os clientes da operadora non
terán que facer nada para activar esta promoción. Non están incluÃdas as
chamadas a números 900, números especiais, números premium, chamadas
internacionais ou chamadas en itinerancia.
