Vodafone permite VoIP e P2P na súa banda larga móbil
luns, 1 de marzo do 2010
As operadoras de
telefonÃa móbil levan un tempo explotando as súas redes como solucións de
acceso á Rede para equipos informáticos, pero habitualmente aplican certas
limitacións a este tipo de tráfico, para protexer as súas infraestruturas e
garantir a súa calidade de servizo, asà como para blindar o seu negocio de voz
(prohibindo as conexións de VoIP), pero Vodafone vai flexibilizar a súa banda
larga móbil e estrea
dúas tarifas Contigo Ilimitado para
ordenador: Internet Contigo Express,
cun tráfico ilimitado por 32 euros/mes e velocidade de 21,6/7,2 Mbps durante o
primeiro Gb de transferencia e Internet
Contigo Oro por 49 euros/mes que ten tráfico ilimitado e permite tanto o
uso de P2P coma o de VoIP.
A compañÃa xa contaba coas tarifas Navega Mini, Internet Contigo Ilimitado,
Internet Contido Ilimitado + voz, Internet Contigo Ilimitado + Tarifa Plana e
Internet Siempre Contigo, con prezos que van dende os 19 aos 54 euros/mes, e
que nunca supoñen un pago maior ao contratado (agás no caso das tarifa Navega
Mini, que parte de 19 euros pero pode chegar a un máximo de 76 euros).
|

