Vodafone podería estrear de xeito indirecto o iPhone en España
mércores, 5 de marzo do 2008
Á espera de que o iPhone 3G chegue presumiblemente a España da man
de Movistar, dende Xataka sorprenden anunciando que Bonatel
comercializará o iPhone libre incluíndo no mesmo o seu cliente de correo
Real Mail, de xeito que se podería adquirir a partir de 339 euros, aínda que
sería preciso contratar un plan de datos con Vodafone (con tarifas de entre 15
e 32 euros).
Nun principio esta oferta achegaría ó mercado español o iPhone actual, ou sexa,
con conectividade EGDE/GPRS, o que suporía unha conexión á Rede bastante lenta
alí onde non houbese cobertura Wi-Fi, pero tería un prezo bastante atractivo se
o comparamos ás ofertas do iPhone que se lanzaron noutros países europeos.
Supostamente durante esta semana se coñecerán os detalles deste novo
lanzamento.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente Bonatel non distribuirá o iPhone en España.