Vodafone presenta un novo mans libres para usuarios de audífonos

luns, 30 de xuño do 2008 Marcus Fernández

SIA BluetoothVodafone comezará a comercializar a finais de xullo en España o SIA Bluetooth, un dispositivo de mans libres universal para usuarios de audífonos con posición T que permite ás persoas con problemas de audición falar co móbil sen interferencias.
O novo dispositivo transforma o son do móbil en campos electromagnéticos, o que permite obter un son máis claro a través da posición T do audífono, recibíndose o son no trebello a través de Bluetooth (de xeito que é compatible coa meirande parte dos móbiles actuais, e incluso con algúns reprodutores de MP3, ordenadores e outros tipos de dispositivos).

Pack T-Loop de Vodafone

O SIA Bluetooth ten unha autonomía de 12 horas en conversa e 250 horas en espera, e se pode cargar por USB, no acendedor do coche ou cun adaptador de corrente. Tamén inclúe un clip para suxeitalo directamente detrás da orella para máis comodidade.
Vodafone xa vende dende 2004 o Pack T-Loop (composto por un terminal Vodafone 710 e un bucle magnético), e o lanzamento do SIA Bluetooth Vodafone significa un avance na creación de produtos para persoas con discapacidades auditivas.