Vodafone renovará as súas tarifas o vindeiro día 12

luns, 5 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Vodafone presentou esta mañá novas tarifas agrupadas baixo 2 novas categorías que serían Vodafone RED e Vodafone BASE, estando destinadas as primeiras a usuarios de smartphones con un alto consumo de voz, datos e mensaxes de texto, mentres que as últimas buscarían satisfacer a usuarios cun consumo moderado.
A tarifa Vodafone RED ten un custo de 35 euros/mes + IVE cun compromiso de permanencia de 24 meses (ou 43 euros/mes + IVE sen permanencia) incluíndo chamadas e mensaxes ilimitados e un bono de Internet de 1,5 Gbps a 21,6 Mbps que reduce a velocidade ao superar o tráfico incluído e que complétase con 10 Gbytes de almacenamento na nube (para datos ou copias de seguridade).
Con Vodafone RED2 o prezo mensual sube a 50 euros/mes con permanencia (8 euros máis sen a mesma) e incluiría 3 Gb de datos a máxima velocidade e 30 Gb de almacenamento na nube, así como a posibilidade de compartir a conexión de datos con outro dispositivo; mentres que Vodafone RED3 custaría 70 euros/mes con permanencia (78 euros sen a mesma) incluíndo 5 Gb de datos a máxima velocidadee 60 Gb de almacenamento en liña.
Para usuarios cun menor consumo temos como novas tarifas Vodafone BASE por 9 euros/mes + IVE (14 euros/mes sen permanencia) que ofrece chamadas a 2 céntimos/minuto cun establecemento de chamada de 15 céntimos, incluíndo adicionalmente 500 mensaxes de texto e 500 Mbytes de datos a unha velocidade de ata 7,2 Mbps. Con Vodafone BASE2 o prezo incrementaríase 6 euros ofrecendo adicionalmente 100 minutos en chamadas e ata 750 Mbytes de datos a máxima velocidade; mentres que con Vodafone BASE3 habería que superar un chanzo máis que incrementa o prezo do anterior en 10 euros, ofrecendo 250 minutos en chamadas e 1 Gb de datos a 7,2 Mbps.
Estas novas tarifas estarían chamadas a substituír ás tarifas por talles actuais o vindeiro 12 de novembro, e suporían o adeus definitivo ás subvencións de terminais, que veríanse substituídas polo pagamento a prazos: un Samsung GALAXY Y incrementaría a cota mensual en 5 euros, mentres que outros smartphones de gama media poderían adquirirse pagando 7 euros/mes aos que habería que sumar un pagamento inicial de entre 0 e 49 euros.

Cadro coas novas tarifas Vodafone RED