Vodafone terá que compensar ós clientes polo corte do servizo de 2003
luns, 5 de marzo do 2007
Fagamos memoria: o día 20 de febreiro de 2003, Vodafone deixou ós seus clientes de España sen servizo, feito que moitos dos usuarios probablemente pensaban xa que ía quedar en nada (no esquecemento), pero que volve abrollar agora da man da Audiencia Provincial de Madrid, e non para quitarlle ferro ó asunto, senón para ratificar a sentencia que condenou á operadora a indemnizar a máis de oito millóns de clientes. Segundo di a Asociación de Usuarios de Servizos Bancarios (Ausbanc), o custo das compensacións ó que tería que enfrontarse Vodafone é de 3,1 millóns de euros, cifra calculada segundo a media dos ingresos facturados pola compañía ó longo dos 90 días previos ó dito curte de achega de servizo.
Cómpre sinalar que esta decisión da Audiencia Provincial vén logo do recurso de apelación da operadora. Segundo Ausbanc, a ratificación da sentencia é un beneficio para unha chea de persoas (clientes con contrato ou usuarios de tarxetas prepago) e empresas, “e supón a evidencia de que España é un Estado de Dereito con normas de protección ó consumidor”. A Audiencia Provincial declarou a que o incidente do 20 de febreiro non se debeu a unha causa de forza maior e que Vodafone deberá ter nas súas dependencias durante dous meses un impreso de balde para tramitar o cobro das indemnizacións.
