Vodafone yu: estará dispoñible en contrato dende mañá

mércores, 31 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Os clientes de contrato de Vodafone poderán acceder a partires do vindeiro 1 de agosto á tarifa Vodafone yu:, limitada ata o momento a clientes de prepagamento, que destacaba por ofrecer chamadas e mensaxes ilimitados a outros clientes da tarifa, polo que resultaba ideal para a mocidade (estando dispoñible cunha cota que parte de 8 euros + IVE ao mes).
A tarifa de contrato de Vodafone yu: tamén incluirá chamadas ilimitadas a outros usuarios de yu: (tanto de contrato como de prepagamento), xunto con 200 minutos ao resto de destinos, mensaxes de texto ilimitados e 1,5 Gb de tráfico de datos (que de superarse reducirá a súa velocidade a 64 Kbps ata o 1 de novembro, cando comezaría a cobrarse o exceso) por 22 euros/mes para actuais clientes sen permanencia.
Esta nova tarifa será compatible con todas as gamas de pagamento a prazos de smartphones, aínda que non será compatible con outros descontos por ser xa unha tarifa de baixo custo.

Vodafone yu: foi un dos patrocinadores do Bilbao BBK Live, deixando claro que é unha tarifa dirixida aos mozos



ACTUALIZACIÓN (1-8-2013): Vodafone xa está a promocionar a nova tarifa: