WD, recoñecida como a mellor vendedora de periféricos de 2009
mércores, 25 de febreiro do 2009
No marco dos
Premios 2009 da EMEA Chanel Academy en Mónaco, a compañía Western Digital Corp., unha das empresas
pioneiras e líderes de longa duración do sector do almacenamento dixital, vén
de ser nomeada Vendedora de Periféricos
do Ano 2009, un premio ao que aspiraban outras moitas compañías
consolidadas procedentes de toda a rexión EMEA (Europa, Oriente Medio e
África).
Os máis de 400
distribuidores presentes, votaron en directo nas categorías de vendedores e,
convidados por Distreee Events como parte da súa conferencia anual Distree XXL 2009, os participantes escolleron aos
gañadores nos 9 territorios de distribución e nas 8 categorías de
vendedores.
O director senior
de Branded Products de WD para EMEA, Didier Trassaert, gabouse deste
recoñecemento e asegurou empregalo « como
palestra para continuar a escoitar as necesidades dos seus clientes e
proporcionarlles as mellores solucións de almacenamento da súa
categoría ».
A EMEA Channel
Academy distingue aos vendedores que lideran o negocio na súa categoría
específica. A cerimonia de entrega dos premios é, segundo os seus responsables,
« moi decisiva, xa que os gañadores
son escollidos pola propia canle ».