X reacciona á proliferación de contidos falsos xerados con IA
mércores, 4 de marzo do 2026
A rede social X anunciou un cambio nas súas normas para limitar a difusión de contido enganoso sobre conflitos armados xerado con intelixencia artificial. A partir de agora, os creadores que participen no programa de reparto de ingresos e publiquen vÃdeos de guerra creados con IA sen indicar claramente que se trata de material sintético poderán ser suspendidos do sistema de monetización durante 90 dÃas.
A medida foi anunciada pola responsable de produto da compañÃa, Nikita Bier, quen sinalou que en momentos de conflito «é fundamental que as persoas teñan acceso a información auténtica sobre o que ocorre no terreo». Segundo explicou, a capacidade actual das ferramentas de IA para crear vÃdeos realistas facilita a aparición de contido que pode inducir a erro aos usuarios.
A polÃtica céntrase especificamente nos creadores inscritos no programa de reparto de ingresos para creadores, que permite obter ingresos publicitarios en función da popularidade das publicacións. Se un creador comparte vÃdeos de conflitos armados xerados con IA sen incluÃr unha advertencia clara, será expulsado do programa durante tres meses. En caso de reincidencia, a expulsión será permanente.
Aseguran que identificarán este tipo de contido mediante varios mecanismos, como as Notas da Comunidade e a detección de metadatos ou sinais asociados ás ferramentas de xeración automática de contidos.
O programa de reparto de ingresos de X incentiva a aparición de contido sensacionalista ou deseñado para xerar interaccións masivas, polo que a difusión de vÃdeos falsos de guerras ou ataques é unha práctica que nos últimos dÃas fÃxose moi popular para atraer visualizacións e ingresos, o que pretende mitigar a nova polÃtica.
X conta cun sistema que permite aos usuarios activar un indicador nas publicacións para sinalar que inclúen material xerado por intelixencia artificial, aÃnda que é unha función moi pouco visible e masivamente ignorada.

- X permite etiquetar o contido xerado con IA (aÃnda que a función está a ser ignorada de xeito masivo)
