Xermade comeza o ano con actividades de capacitación dixital para as persoas maiores
luns, 5 de xaneiro do 2026
O Concello de Xermade vai comezar o ano cunha nova actividade formativa para as persoas maiores do termo municipal co obxectivo de facilitar o emprego das novas ferramentas dixitais e dos novos dispositivos tecnolóxicos, favorecendo a redución da fenda dixital no medio rural. O curso, desenvolvido pola Fundación Cibervoluntarios, encádrase no programa Pobo Dixital e desenvolverase baixo o epÃgrafe Vivindo conectados desde o pobo: aplicacións de lecer e saúde.
Celebrarase na Casa-Escola de Cabreiros os dÃas 19, 20, 21 e 22 de xaneiro en horario de tarde, de 16.00 a 18.00 h. Quen precise participar terá que enviar unha mensaxe ao 678 744 178 indicando nome, apelidos, DNI/NIE e data de nacemento.
No curso, que é de balde, os maiores poderán familiarizarse coas aplicacións vencelladas á saúde e ao lecer, e aprender a empregar outras ferramentas dixitais útiles para a súa vida cotiá, fomentando o emprego seguro, saudable e enriquecedor destes recursos tecnolóxicos.
Esta acción está impulsada por Cibervoluntarios e conta co financiamento da Unión Europea a través do programa NextGenerationEU, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, consolidándose como unha aposta polo envellecemento activo e a igualdade de oportunidades no ámbito dixital.
