Xornada sobre as relacións entre as empresas e a Administración electrónica na USC
venres, 8 de abril do 2011

- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC
O Colexio Profesional de
Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de
Galicia, organiza a xornada As Relacións da Empresa coa Administración
Electrónica, prevista para os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio.
Colaboran na iniciativa a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o
Centro de Estudios Cooperativos (CECCOP). Funcionarios, empresarios e público
en xeral poderán resolver as súas dúbidas e intercambiar experiencias neste
foro.
Ao longo das tres
xornadas, un amplo número de expertos unirán as súas distintas visións para
abordar a Administración electrónica desde o punto de vista do acceso da
cidadanía aos servizos públicos, a contratación, a facturación, a protección de
datos ou a informatización das cooperativas, entre outras cuestións.
Asemade, o encontro
representa unha oportunidade para coñecer polo miúdo a normativa sobre
protección de datos e a súa aplicabilidade, e para afondar no Decreto 198/2010,
do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración
electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades delas dependentes.
O programa das xornadas quedaría como segue:
Martes, 3 de Maio
09.00h Acreditación e entrega de material
10.00h Inauguración oficial
Juan J. Casares Long
Reitor Magnífico da USC
Emilia Vázquez Rozas
Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC
Mar Pereira Álvarez
Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Xunta de Galicia
Odilo Martiñá Rodriguez
Director Xeral de Relacións Laborais. Xunta de Galicia.
Manuel Botana Agra
Catedrático de Dereito Mercantil. Director do CECOOP da USC
Fernando Suárez Lorenzo
Presidente do CPEIG
11.10h Pausa-Café
11.40h Relatorio: Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos
Miguel Ángel Davara Rodríguez
Avogado especialista en TIC
12.50h Coloquio
13.30h Fin da sesión da mañá
16.30h Mesa Redonda: Empresa e administración electrónica
Roberto Pereira Costa
Presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas
José Ramón García González
Presidente de Blusens
Antonio Agrasar Cascarllar
Conselleiro delegado de PLEXUS
Carlos Fernández Castro
Presidente da FEGAMP
18.30h Fin da Xornada
Mércores, 4 de Maio
09.00h Relatorio: Contratación electrónica nas entidades locais
Jesús Rodríguez Castro
Xefe de Informática do Concello Santiago
10.00h Coloquio
10.30h Relatorio: Contratación electrónica na Xunta de Galicia
Elena Barba Pan
Secretaría xeral da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa. Xunta de Galicia.
11.40h Coloquio
12.00h Pausa-Café
12.30h Relatorio: A facturación electrónica da Xunta de Galicia
Mauro Fernández Dabouza
Director do CIXTEC
13.40h Coloquio
14.00h Fin da sesión da mañá
16.30h Mesa Redonda: A administración electrónica e a informatización das cooperativas
Manuel Botana Agra
Director do CECOOP USC
Higinio Mougán Bouzón
Xerente de AGACA
Un representante da Federación de Cooperativas SINERXIA
Xoán Concheiro Aval
Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social.Xunta de Galicia
José Antonio Montero Vila
Avogado
18.30h Fin da xornada
Xoves, 5 de Maio
09.00h Relatorio: O réxime sancionador na LOPD
Jesús Rubí Navarrete
Adxunto ao director AEPD
10.10h Coloquio
10.30h Relatorio: Perspectivas para a implantación da Administración
electrónica na Xunta de Galicia
María José García Sexto
Subdirectora xeral da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Xunta de Galicia
11.40h Coloquio
12.00h Pausa-Café
12.30h Relatorio: A administración electrónica na Universidade
José Andrés Freire
Director Área TIC USC
13.40h Coloquio
14.00h Clausura das xornadas
Emilia Vázquez Rozas
Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC
Mar Pereira Álvarez
Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Xunta de Galicia
Manuel Botana Agra
Catedrático de Dereito Mercantil. Director do CEECOOP da USC
Xoan Concheiro Aval
Subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social. Xunta de Galicia
Fernando Suárez Lorenzo
Presidente do CPEIG
