Yoigo comeza a subir as súas tarifas
luns, 16 de marzo do 2009

- Yoigo anunciábase coa promesa de non subir as súas tarifas porque non venden motos
As
tarifas das operadoras de telefonÃa móbil provocan habitualmente rebumbio cando
soben, pero no caso de Yoigo resulta moito máis rechamante porque a operadora
promocionábase co argumento de que non Ãa subir as súas tarifas, de xeito que
sempre revisarÃa os seus prezos á baixa, promesa que a partir do 7 de maio
pasará á historia, pois Yoigo
aumentará unilateralmente un 25% a tarifa La
del 0, subindo o establecemento de chamada de 12 a 15 céntimos,
colocándose na franxa máis cara do mercado, mentres no pasado estaba na máis
económica.

- En 2007, cando o resto de operadoras subÃa as tarifas para compensar a eliminación do redondeo, Yoigo presumÃa de non modificar o establecemento de chamada
Dende a operadora instan os
seus clientes a comprobar se lles compensa continuar con tal tarifa
(podendo cambiar a La del 8) e incluso
lembran que tras este cambio contractual o cliente pode darse de baixa sen
penalización (pagando a parte proporcional da subvención do terminal telefónico
que adquirise, no caso de non ter cumprido o compromiso de permanencia).
Este tipo de medidas estarÃan a notarse substancialmente na percepción da
marca, de xeito que Yoigo pasarÃa de ser unha das operadoras alternativas mellor valoradas a ocupar
xusto a posición oposta, véndose
superada polas operadoras tradicionais e por outras coma Simyo.
