Yoigo mellora a súa achega de rede
martes, 17 de marzo do 2009
Yoigo vén de dar un novo paso nas condicións do servizo de Internet que ofrece ao incrementar a capacidade coa que os seus usuarios poden navegar co seu ordenador alà onde se atopen a través do servizo Internet para llevar. Máis polo miúdo, as melloras supoñen unha ampliación da capacidade de ata 3 xigabytes. Con este aumento, a firma quere asegurar entre os seus clientes a mellor base posible para tirar o máximo proveito da Internet e dos seus servizos: correo electrónico, vÃdeos e prensa en liña, etc. Segundo informa a operadora, non se esixe ningún requisito para gozar desta mellora: para os que xa son clientes de Yoigo, a medida veu dada de xeito automático dende o 1 de marzo, e para as novas altas xa vén incluÃda de serie a partir do dÃa 18 deste mes.
A idea da operadora, a maiores, era mudar as condicións de rede ofrecidas pero sen chegar a facer o mesmo cos prezos. Segundo informa Yoigo, mantendo a tarifa de 25 euros ao mes (sen impostos), con Internet para levar o usuario poderá acceder á Internet cunha velocidade HSDPA de ata 3,2 Mbps. A partir dos 3 Xb, a velocidade redúcese aos 128 Kbps e cada Mb adicional represetará 1,5 céntimos ata un máximo de 70 euros ao mes. Para a operadora, un dos grandes puntos fortes deste servizo en concreto é que non require compromiso de permanencia.
