Yoigo pecha 2012 con 3,7 millóns de clientes

xoves, 31 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

O sector da telefonía móbil está a perder liñas nos últimos meses, pero as compañías que están a padecer esta caída de clientes son principalmente Movistar e Vodafone, mentres que os operadores alternativos gozan dunha mellor saúde, de aí que dende Yoigo celebren que remataron o ano 2012 con 3,7 millóns de clientes, conseguindo captar 700.000 novos clientes nos últimos 12 meses.
Dende a compañía consideran que prácticas como o programa de pagamento a prazos (sen mediación de entidade financeira) que deixa claro o prezo do móbil ao separalo na factura do custo da voz e dos datos contribuíron axudan a atraer a novos clientes, que na súa meirande parte chegan mediante portabilidade xnto ao financiamento dun novo terminal, o que fai doado acceder a móbiles de gama media e alta. Como exemplo destacan que 1 de cada 3 iPhone vendidos en España na campaña de Nadal foi distribuído por Yoigo.