Yoigo pide ao Goberno que potencie o investimento e a competencia nas TIC coma motor do cambio económico

xoves, 14 de maio do 2009 Marcus Fernández

Johan Andsjö, conselleiro delegado de Yoigo, presentou unha serie de propostas dirixidas a situar aos operadores de telecomunicacións coma motores do cambio económico (descargables nunha presentación de PowerPoint), polo que anima ao Goberno a fomentar o investimento e a competencia en novas tecnoloxías baixando as taxas do espectro radioeléctrico, implantando as portabilidades en 1 días, baixando os prezos das chamadas en itinerancia, reasignando as frecuencias da telefonía móbil para mellorar a cobertura de novos servizos de datos sen alterar o equilibrio competitivo e, especialmente, non subindo os impostos locais pola instalación de antenas nin aumentando os impostos estatais para financiar a RTVE sen contraprestación algunha (e que podería repercutir nun incremento de prezos para o usuario final).
Yoigo quere instalar 800 novas antenas antes de rematar o ano, ampliar a súa rede de distribución con 500 novas tendas (para superar as 900 no verán) e manter a calidade do seu servizo de atención ao cliente(que ampliaríase nun 10% cada trimestres).