YouTube toma medidas contra os bloqueadores de publicidade
luns, 16 de outubro do 2023
Dende hai anos
YouTube ofrece un servizo de
subscrición de pagamento que ofrece a posibilidade de gozar dos seus
contidos sen anuncios, fóra de liña e en segundo plano, asà como do servizo
YouTube Music por 11,99 euros/mes, pero moitos usuarios en vez de pagar optaban
por empregar bloqueadores de publicidade no ordenador e aplicacións modificadas
no móbil, e semella que a Google rematóuselle a paciencia, e nos últimos dÃas
son moitos os usuarios que están a ver como o reprodutor de YouTube deixaba de
funcionar no seu equipo por terse detectado que bloqueaban a publicidade da
plataforma.
Na propia axuda de YouTube teñen unha sección na que informan sobre
como configurar o bloqueador de publicidade para que se desactive ao acceder a
YouTube e asà permitir que a plataforma e os seus creadores poidan recibir
unha compensación económica pola súa actividade.
Nos últimos dÃas non só se realizan de xeito efectivo as medidas contra os
bloqueadores de anuncios, senón que incluso se
publican mensaxes emerxentes advertindo desta polÃtica. AÃnda que estas
medidas xa se aplican dende xuño, nos últimos dÃas a aplicación das mesmas
pasou a ser masiva. Cómpre destacar que o bloqueo da reprodución de vÃdeos de
YouTube só ten lugar despois de numerosas advertencias.