eBay lanza un portal de comercio xusto na Rede
mércores, 3 de setembro do 2008
O portal de subastas en Internet, eBay, vén de
presentar unha páxina web verde
para os seus usuarios máis solidarios e comprometidos coa ecoloxÃa que tén como
obxectivo fomentar o comercio xusto a través da Rede e axudar ás persoas máis
necesitadas (que, precisamente, sempre son as máis explotadas).
O sitio, que foi lanzado co nome de WorldofGood.com, está destinado a
aquelas persoas que presumen de manter unha vida saudable e que están dispostas
a axudar ás persoas máis desfavorecidas desta sociedade, na que o consumismo é
a marca de referencia.
Os usuarios deste portal poden atopar nel
dende roupa elaborada con produtos orgánicos ata viño ecolóxico, pasando por
xoguetes ou bisuterÃa feita á man procedente de distintos paÃses do mundo; e
todo iso a prezos fixos (a diferenza do portal de subastas), que non inclúen os
beneficios para os intermediarios, e con información sobre ónde e cómo se
elaboran os produtos ofrecidos.
O buscador permite facer procuras por paÃses
ou por categorÃas de produtos e incluso facer unha estima do prezo que queremos
gastar para dar cos produtos axeitados á nosa carteira.
A idea xurdiu hai uns tres anos cando o actual
xefe do proxecto, Robert Chatwani, viaxou á India e caeu na conta da cantidade
de produtos artesanais que podÃan suscitar algún tipo de interese na Rede, ao
tempo que, a través da súa venda, se poderÃa axudar ao propio comerciante e combatir
a pobreza do seu paÃs de orixe.

