10 anos de reprodutores de MP3
martes, 11 de marzo do 2008
- O pioneiro MPMan F10
En 1997 o fabricante surcoreano Saehan Information Systems creou o primeiro
reprodutor de audio dixital baseado en compresión MP3 que se comezou a vender
en 1998 baixo o nome de MPMan F10 e que hoxe
cumpre 10 anos da súa presentación durante a feira CeBIT.
Este reprodutor só tiña unha capacidade de 30 Mbytes, medÃa 91 x 70 x 165,5
milÃmetros, incluÃa unha pequena pantalla LCD e curiosamente se comunicaba cos
PC a través do porto paralelo.
- O Rio PMP300 era o reprodutor multimedia de referencia
O prezo de venda do MPMan F10 foi inicialmente de 250 dólares, pero quedou
rapidamente eclipsado polo Diamond Multimedia Rio PMP300, que saÃu á venda no
mesmo ano e soportaba a ampliación da súa memoria mediante tarxetas Smart
Media, converténdose no reprodutor de referencia.
Amais, a RIAA (o equivalmente norteamericano da SGAE) contribuÃu á popularización
do reprodutor Rio PMP300 ó denunciar que facilitaba a copia ilegal de música
(causa que gañou Diamond Multimedia).
Habitualmente se considera que os reprodutores Rio foron os primeiros do
mercado (por ser os primeiros que acadaron certa sona mundial) e cómpre indicar
que son bastante anteriores ós iPod de Apple, que non chegaron ata finais de
2001 (e que aÃnda tardaron en gañarse ó público, pois nas primeiras versións só
eran aptos para usuarios de ordenadores Mac).