Os televisores 8K non conseguen consolidarse no mercado
mércores, 4 de febreiro do 2026
Hai 8 anos LG presentou no CES de Las Vegas un televisor OLED 8K de 88 polgadas e pese ao que podÃa pensarse nese momento, lonxe de popularizarse os televisores con tal elevada resolución, practicamente están desaparecidos do mercado pese aos esforzos da industria por popularizalos.
Cómpre salientar que os argumentos contra o 8K son múltiples, pois falamos dunha resolución tan elevada que carece de contidos audiovisuais dispoñibles (de feito a oferta audiovisual en 4K aÃnda é moi pobre), é practicamente imposible de distinguir na práctica (pois a unha distancia que facilite a visualización da pantalla completa non se poden distinguir os pÃxeles), e incluso supoñen un desperdicio enerxético notable que incluso fai que boa parte dos televisores que se comercializaban inicialmente non poden venderse actualmente na Unión Europea pola súa baixa eficiencia enerxética.
Pese a que as estimacións iniciais apuntaban a que os televisores 8K venderÃan millóns de unidades cada ano, actualmente son aproximadamente un 0,1 % das vendas globais, e incluso o organismo creado para promover o formato, a 8K Association, perdeu boa parte dos seus membros, quedando como principal compañÃa a surcoreana Samsung (que parece ser o principal promotor do 8K), mentres que actores como TCL, Hisense, Google, Intel, IMAX, BOE e Amazon Prime Video xa non forman parte da entidade.
Os contidos en 8K non están previstos (nin a longo prazo) por ningunha plataforma audiovisual, quedando os proxectos como as emisións dos Xogos OlÃmpicos en 8K como simples anécdotas, polo que non semella que vaia mudar a situación dos televisores 8K, que só teñen sentido en tamaños de pantalla inmensos, dando por feito de que o reescalado mediante IA é o que tira proveito da súa elevada resolución, que non serÃa realmente unha mellora, senón un mecanismo técnico para superar unha eiva.
