12 investigadores da UDC, entre os mellores do mundo segundo Research.com
xoves, 23 de maio do 2024
A plataforma académica Research.com, que vén de publicar a clasificación de persoal investigador de maior nivel e proxección a nivel nacional e internacional, recoñecendo a 12 investigadores da UDC na súa listaxe: Christian Kennes, Carlos Platas e Miguel Maestro, todos eles do Centro Interdisciplinar de QuÃmica e BioloxÃa (CICA) da UDC, e Purificación López, investigadora egresada deste centro, na área de quÃmica; Amparo Alonso, Tiago M. Fernández; Paula Fraga e Verónica Bolón, todos vencellados ao Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC); no campo de ciencias da computación; Manuel López Vicente, en ciencias da terra, vencellado ao CICA; Francisco J. Blanco en medicina, ligado ao CICA e ao INIBIC; Federico Pomar en ciencia das plantas e agronomÃa, tamén vencellado ao CICA; e Antonio Valle en psicoloxÃa.
Research.com recolle información sobre os mellores centros de estudos, oportunidades académicas es as traxectorias profesionais que ofrece cada unha. Ademais, detalla unha serie de clasificacións onde se avalÃan a calidade das universidades e o persoal cientÃfico mellor valorado, dependendo da súa área.
Os investigadores do CITIC
No ámbito das ciencias da computación Research recolle aos seguintes investigadores do CITIC:
– Amparo Alonso é catedrática de universidade na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na UDC. As súas liñas de investigación actuais son o desenvolvemento de modelos de Aprendizaxe Máquina Escalables, a Intelixencia Artificial Responsable e Sostible, e o modelado baseado en axentes intelixentes para a sustentabilidade de procesos, entre outros.
– Tiago M. Fernández é investigador permanente do CITIC e profesor titular de Universidade na área de TecnoloxÃa Electrónica na UDC, onde obtivo o tÃtulo de Enxeñeiro en Informática e Doutor Enxeñeiro en Informática. Desde 2005 traballa no Departamento de EnxeñerÃa de Computadores da UDC. En termos de investigación, as súas liñas actuais inclúen as diferentes tecnoloxÃas relacionadas cos sistemas IoT/IIoT, os UAVs, o Edge Computing, a Realidade Estendida, asà como outras tecnoloxÃas relacionadas cos paradigmas da Industria 4.0 e 5.0.
– Paula Fraga é investigadora do CITIC e profesora na Universidade da Coruña. Desde 2009, traballa co Grupo de TecnoloxÃa Electrónica e Comunicacións (GTEC), pertencente ao Departamento de EnxeñerÃa Informática da UDC. Participou en máis de 40 proxectos de investigación financiados polo goberno rexional e nacional, asà como en contratos de I+D con empresas privadas como ADIF, Siemens, Indra Sistemas ou Navantia, analizando escenarios de misión crÃtica (seguridade pública, defensa e infraestruturas crÃticas). A súa investigación céntrase en tecnoloxÃas da Industria 4.0, especificamente sistemas ciberfÃsicos, IoT, realidade estendida, blockchain e ciberseguridade.
– Verónica Bolón é profesora titular de Universidade no Departamento de Ciencias da Computación e TecnoloxÃas da Información da UDC e investigadora no CITIC. Actualmente traballa en temas de investigación relacionados con varias áreas da Intelixencia Artificial, especialmente en algoritmos verdes. Cabe destacar a súa aposta polo fomento da vocación cientÃfico-tecnolóxica entre as nenas, participando en numerosas actividades de divulgación e coordinando o nodo da Coruña do proxecto Inspira STEAM.