2.269 mozos de Galiza e Portugal participan no certame Play! para novos empresarios
luns, 26 de novembro do 2007
A segunda edición de Play! DesafÃo para Novos Emprendedores xa está en marcha, tanto nese eido da nosa vida que non ten que ver coa Internet como na Internet mesma. Lembremos: trátase dunha iniciativa da Escola de Negocios Caixanova en colaboración co Instituto de Desarrollo da entidade financeira galega e Praxis Hispania, e vai encamiñada (como o seu propio nome indica) a espertar vocacións empresarias entre a mocidade galega e portuguesa. Algo asà como poñer ós estudantes de Bacharelato e Ensino Secundario o máis preto posible da realidade da dirección dun negocio.
O concurso conta cunha web (parte indisoluble do desenvolvemento do mesmo) que inclúe todo tipo de información sobre as bases, os xogos, os premios e as condicións, amais de vÃdeos onde se poden ver experiencias previas de simulación.
Na iniciativa, que en última instancia lle quita ferro ó feito de poñerse á fronte dunha empresa, están inscritos 2.269 alumnos. Isto significa entre outras cousas que máis dun terzo dos centros educativos da nosa terra están representados nalgún equipo participante en Play!, un total de 459 para esta edición, 180 máis ca na anterior, informa Caixanova.
A convocatoria 2007 do certame, que chegará ó seu remate en marzo cunha proba final na que concorrerán os cinco equipos con meirande puntuación, segue a liña de edicións anteriores e, en última instancia, de actividades baseadas na seguinte máxima: aprender facendo cousas é o mellor xeito de aprender.
Como dixemos, a idea é poñer a disposición dos estudantes unha serie de probas, vÃa web ou presencial, dirixidas a reforzar a súa capacitación nun hipotético futuro empresarial. Ou sexa: que se lles dan ós alumnos habilitades que lles serán de utilidade, como na toma de decisións, na comunicación, na apertura a novas experiencias ou na capacidade de traballar en equipo. Ó final do camiño, cada membro dun equipo gañador recibirá un ordenador portátil e unha bolsa de estudos da Escola de Negocios Caixanova valorada en 6.000 euros.
