A ARTeria Noroeste acolle dende a vindeira semana un curso sobre Cubase
venres, 10 de outubro do 2008
ARTeria Noroeste, iniciativa da SGAE/Fundación Autor, vai dar comezo a un curso sobre Cubase en Compostela. A actividade, que xa ten aberta o prazo de inscrición, contará coa presenza do músico e produtor vigués Anxo Bautista e desenvolverase ao longo de oito xornadas, comezando o xoves 16 de outubro e rematando o 29 do mesmo mes. O obxectivo da proposta: divulgar as vantaxes da dita ferramenta dixital á hora de gravar música ou producir proxectos de son en xeral (secuenciación MIDI, mesturas musicais, posprodución de son para vÃdeo).
A actividade vai ficar aberta para alumnos e alumnas de todos os niveis, sendo en certa medida unha continuación dos obradoiros previos sobre ProTools e Avid celebrados na mesma sede. Segundo indica a este respecto ARTeria Noroeste, nas xornadas dedicadas a Cubase procederase a introducir aos participantes no manexo básico desta ferramenta, abranguéndose non só aspectos propios de seu, senón que tamén se achegará luz sobre os procedementos requiridos para estruturar, desenvolver e controlar de xeito eficaz calquera iniciativa de son.
Como dixemos, o curso de Cubase terá lugar en ARTeria Noroeste (Santiago de Compostela) ao longo de oito xornadas do mes de outubro (do dÃa 16 ao 29), en horario de mañá. Sinalar que Anxo Bautista ten traballado como docente en materia de son en diversos centros nos últimos anos. Compaxina este labor coa súa actividade como técnico de directo da sala La Fábrica de Chocolate en Vigo e como guitarrista integrante de formacións como Kannon, Killer Barbies ou, na actualidade, PacÃfico.
Os cursos de Artenet continuarán en Santiago de Compostela con iniciativas dedicadas á Creación audiovisual (27 de outubro ao 7 de novembro), Informática musical (10 ao 20 de novembro) e After effects (24 de novembro ao 4 de decembro).
