A Asociación PuntoGal contará cunha delegación no vindeiro encontro de ICANN
venres, 22 de xuño do 2007
O
encontro internacional de ICANN (organismo que xestiona os dominios de
Internet) que terá lugar en San Juan (Porto Rico) entre os dÃas 25 e 29 de
xuño contará coa presenza
dunha delegación da Asociación PuntoGal, que manterá distintos encontros e
entregarán informacións ós asistentes sobre a proposta dun dominio na Rede para
a cultura e lingua galegas.
ICANN aÃnda non abriu o proceso de recepción de propostas para a creación de
novos dominios de primeiro nivel na Internet, pero a Asociación PuntoGal se está
a preparar para o momento traballando nos necesarios informes que se terán que
presentar ante o organismo internacional (que deberán argumentar os aspectos técnicos
e económicos, asà como a xustificación para a creación e mantemento dun
potencial .gal).
