A Asociación PuntoGal participará en Xuventude Galiza Net

venres, 14 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A Asociación PuntoGal contará cun expositor no encontro informático Xuventude Galiza Net que comeza hoxe no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago e ata o domingo acolle a máis de 1.500 mozos e mozas.
O expositor da Asociación está situado na extranet do evento (de acceso libre para calquera persoa, aínda que non estea inscrita no encontro).
A Asociación PuntoGal repartirá entre os asistentes información sobre a iniciativa para conseguir un dominio para a lingua e cultura galegas na Internet e levará a cabo unha campaña de recollida de apios.